Skip to main content
uvigo prácticas

Prácticas académicas en Iniciativas Empresariais Emerxentes

A Universidade de Vigo convoca bolsas para a realización de prácticas académicas formativas en Iniciativas Empresariais Emerxentes.

O obxecto desta convocatoria é fomentar a cultura emprendedora no estudantado universitario a través da realización de prácticas académicas, curriculares ou extracurriculares, nunha iniciativa empresarial de recente creación, de modo que poidan ver o emprendemento como unha oportunidade para o desenvolvemento do seu futuro profesional. 

A presente convocatoria está destinada a seleccionar estudantado distribuído equitativamente, na medida do posible, entre os seguintes grupos:
• estudantado das ramas de Ciencias Sociais, Xurídicas e Humanidades
• estudantado das ramas de Ciencias, Ciencias da Saúde e Enxeñerías
 

Pode solicitar a bolsa o estudantado que cumpra os seguintes requisitos:
1. Posuír calquera nacionalidade e acreditar a residencia legal en España no prazo de presentación de solicitudes (non é suficiente o permiso de estadía por estudos).
2. Estar matriculado nunha das titulacións oficiais de grao ou de máster universitario no curso 2024/2025 da Universidade de Vigo.
3. No caso dos estudos de grao, deberán ter superados o 50% dos créditos ata o curso 2023/2024.

O período de prácticas terá unha duración de 2 meses. O número de horas de colaboración será de 30 horas semanais,

A contía individual será de 795 €/mes, a cal estará suxeita á retención do IRPF e ás obrigas de cotización á Seguridade Social (cota obreira) que estableza na normativa vixente nestas materias.

Prazo de presentación das solicitudes: do 21 maio ao 4 de xuño ás 23:59 horas (hora peninsular española).

Máis información: Universidade de Vigo
 

Comments