Skip to main content
BOLCAMRU25

Prácticas formativas en contornas rurais durante o verán en Campus Rural 2025.

Esta iniciativa, impulsada polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO), co apoio do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades e a Conferencia de Reitores e Reitoras das Universidades Españolas (CRUE), busca achegar aos mozos ao territorio e favorecer o papel da universidade na dinamización social e económica dos pequenos municipios.

As prácticas vinculadas a Campus Rural , dotadas cunha prestación económica de 1.000 euros mensuais, ademais dos gastos de Seguridade Social, teñen unha duración que oscila entre os dous e os cinco meses. Os estudantes poderán cubrir ditas prazas desde o momento en que a universidade á que pertencen finalice os seus procesos de selección, ao longo das próximas semanas, e poderán prolongar as súas prácticas ata o 14 de novembro.

Tras a experiencia adquirida durante as tres primeiras edicións, ademais, a iniciativa Campus Rural presenta melloras en materia de xestión de prácticas, grazas á nova plataforma informática de xestión de prácticas, Ruralink.

Esta ferramenta facilita o acceso ao programa a tres niveis:

-As empresas, asociacións e institucións interesadas poden remitir as súas ofertas de prácticas a través dun portal unificado e intuitivo, indicando todos os datos de interese para alumnos e universidades, entre os que se inclúen a descrición das prácticas, municipio onde se realizaría, titulación universitaria requirida, duración…
-As universidades dispoñen dunha área de usuario no que poden comunicarse entre elas, analizar as ofertas de prácticas, reservalas e xestionar o contacto coas entidades dunha maneira áxil e rápida, complementaria aos sistemas de cada universidade que viñeron sendo utilizados estes anos.
-Permite que os estudantes poidan coñecer que prazas están a ofrecerse, adicionais ás que chegaron ao seu centro educativo, de modo que, se están interesados nunha vacante en concreto, poidan comunicarllo directamente á súa universidade.


Información  a través destes email ou da túa universidade:

1.Contacto Secretaría Xeral para o Reto Demográfico: Bzn-campus-rural@miteco.es

2.Contacto CRUE Universidades Españolas: campusrural@crue.org


Máis información:
Campus Rural
Ruralink
Web Cooperativas

 

Comments