Skip to main content
riscoslaborais

Curso de prevención de riscos laborais en actividades de tempo libre (nivel básico)

O ISSGA, en colaboración coa EGAP, organiza unha nova edición do curso Prevención de riscos laborais en actividades de tempo libre (nivel básico), dirixido a persoas con interese no ámbito do tempo libre, monitorado, voluntariado e información xuvenil.

Datas e prazos

  • Inscrición: do 26 de agosto ás 09:00 h ao 5 de setembro ás 23:55 h

  • Duración do curso: do 24 de setembro ao 22 de novembro de 2024

  • Horas lectivas: 60

  • Prazas: 100, por orde de inscrición

Modalidade

Formación en liña, a través da plataforma da EGAP, con materiais, foros, titorías e probas de avaliación. Para obter o certificado é preciso superar todas as actividades e o exame final.

Contidos

  1. Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo

  2. Riscos xerais e a súa prevención

  3. Riscos específicos en actividades de tempo libre

  4. Xestión básica da prevención

  5. Primeiros auxilios

  6. Prevención con perspectiva de xénero

Requisitos

Non se require titulación específica.
Terán preferencia:

  • Persoas con título de monitor/a ou director/a de tempo libre

  • Persoas con carné xove

É necesario enviar a documentación xustificativa a issga.cursoprl@xunta.gal dentro do prazo de inscrición.

Máis información e inscrición

Toda a información sobre o curso e o acceso á matrícula está dispoñible na páxina do ISSGA.

Comments