Skip to main content

Bolsa de traballo temporal de bibliotecario/a no Concello de Redondela

ADMINISTRACIÓN LOCAL
Municipal

Redondela
Persoal, oposicións

Bolsa de traballo temporal de bibliotecario/a no Concello de Redondela

O Concello de Redondela convoca un proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo, de carácter temporal, para o posto de Bibliotecario/a (Persoal Laboral, Grupo I, complemento de destino nivel 24), mediante concurso-oposición libre.

As persoas interesadas deberán presentar instancia, segundo o modelo dispoñible no rexistro xeral, na sede electrónica ou na páxina web municipal (www.redondela.gal), dirixida á Alcaldía. Admitiranse tamén outros modelos nos que consten os datos da persoa solicitante: nome e apelidos, DNI, domicilio, teléfonos de contacto e correo electrónico.

A presentación poderá facerse no rexistro xeral do Concello de Redondela ou por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O prazo para presentar solicitudes será de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

As bases completas poden consultarse na sede electrónica e na páxina web municipal (apartado emprego público – persoal temporal), así como no taboleiro de anuncios do Concello.

Data da convocatoria: 5 de agosto de 2025.

Información: BOP Pontevedra

Comments