Concello de Cambre – Lista de reserva para enxeñeiros/as de Camiños, Canles e Portos (funcionariado interino)
O Concello de Cambre convoca un proceso selectivo, mediante concurso, para elaborar unha relación de candidatos/as para posibles nomeamentos como funcionarios/as interinos/as na categoría de Enxeñeiro/a de Camiños, Canles e Portos (subgrupo A1).
Requisitos principais
-
Nacionalidade española, UE ou países con dereito á libre circulación de traballadores.
-
Idade mínima: 16 anos. Non superar a idade máxima de xubilación forzosa.
-
Título universitario de Enxeñaría de Camiños, Canles e Portos ou Grao en Enxeñaría Civil/Obras Públicas con máster habilitante.
-
Capacidade funcional para o posto.
-
Non estar inhabilitado/a nin separado/a do servizo público.
Sistema de selección
-
Concurso de méritos: experiencia profesional, formación, coñecemento de galego e probas selectivas superadas.
-
Máxima puntuación:
-
Experiencia: ata 10 puntos.
-
Formación: ata 3 puntos.
-
Coñecemento de galego: ata 1 punto.
-
Probas selectivas superadas: ata 1 punto.
-
Solicitudes
-
Presentación no Rexistro Electrónico Xeral do Concello ou segundo o artigo 16.4 da Lei 39/2015.
-
Prazo: 7 días hábiles dende o día seguinte á publicación no BOP da Coruña (13/08/2025).
-
Taxa: 50 €, con redución do 50% para persoas demandantes de emprego (mín. 6 meses).
-
Documentación: DNI, xustificante de pagamento, relación e acreditación de méritos, certificado Celga 4 (ou equivalente).
Duración da lista
-
Máximo 2 anos, ordeada por puntuación.
-
Chamamentos segundo necesidades, con prazo máximo de resposta de 24 horas.
📅 Prazo de solicitude: 14/08/2025 – 22/08/2025
📍 Máis info e bases completas: www.cambre.es




Comments