Concello de Cambre – Relación de candidatos/as para nomeamentos de enxeñeiros/as técnicos/as de obras públicas interinos/as
O Concello de Cambre abre convocatoria para elaborar unha listaxe de candidatos/as para futuros nomeamentos como enxeñeiro/a técnico/a de obras públicas interino/a (grupo A2, escala de Administración Especial, subescala técnica).
Sistema de selección: concurso de méritos.
Requisitos principais:
-
Nacionalidade española, da UE ou outros estados con dereito a libre circulación de traballadores.
-
Ter cumpridos 16 anos e non exceder a idade máxima de xubilación.
-
Título universitario de enxeñeiro/a técnico/a de obras públicas ou grao equivalente.
-
Capacidade funcional para o posto.
-
Non estar inhabilitado/a nin separado/a de servizo na Administración.
Méritos valorables:
-
Experiencia profesional en administracións públicas, empresas ou como autónomo/a.
-
Formación relacionada co posto.
-
Coñecementos de galego (Celga 4 ou equivalente; proba obrigatoria se non se acredita).
-
Probas selectivas superadas nos dous últimos anos para postos similares.
Dereitos de inscrición: 40 € (redución do 50% para demandantes de emprego con 6 meses de antigüidade mínima).
Prazo de presentación de solicitudes: 7 días hábiles desde o día seguinte á publicación no BOP da Coruña (13/08/2025). Presentación no Rexistro Electrónico Xeral do Concello ou polos medios previstos na Lei 39/2015.
Duración da listaxe: máximo 2 anos, ata nova convocatoria. Chamamentos segundo orde de puntuación.
📄 Máis información e bases completas: www.cambre.es




Comments