Concello de Cambre – Bolsa de Enxeñeiros/as Técnicos/as Industriais Interinos/as
O Concello de Cambre abre o prazo para participar no proceso selectivo para a elaboración dunha relación de candidatos/as para nomeamentos como enxeñeiros/as técnicos/as industriais interinos/as (subgrupo A2).
Sistema de selección: concurso de méritos.
Requisitos principais:
-
Nacionalidade española ou dalgún Estado da UE (ou condicións equiparadas).
-
Ter 16 anos cumpridos e non exceder a idade máxima de xubilación.
-
Título universitario de Enxeñeiro/a Técnico/a Industrial ou Grao en Enxeñaría da rama industrial (ou estar en condicións de obtelo).
-
Capacidade funcional para o desempeño do posto.
-
Non estar inhabilitado/a ou separado/a do servizo en Administracións Públicas.
Méritos valorables:
-
Experiencia profesional no posto (ata 10 puntos).
-
Formación relacionada co posto (ata 3 puntos).
-
Coñecemento de lingua galega (ata 1 punto, proba obrigatoria se non se acredita Celga 4 ou equivalente).
-
Probas selectivas superadas en procesos similares nos últimos dous anos (ata 1 punto).
Dereitos de inscrición: 40 €, con bonificación do 50% para persoas demandantes de emprego inscritas, como mínimo, 6 meses antes da convocatoria.
Prazo de inscrición: 7 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación no BOP da Coruña (13/08/2025).
Presentación de solicitudes: exclusivamente a través do Rexistro Electrónico Xeral do Concello de Cambre ou nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015.
Máis información e bases completas: www.cambre.es




Comments