O Concello da Pastoriza convoca unha praza de Conserxe a tempo parcial
O Concello da Pastoriza publica unha convocatoria para cubrir en propiedade unha praza de conserxe destinada ao colexio da Pastoriza e outros edificios municipais. O posto será de persoal laboral fixo a tempo parcial (25 horas semanais) e cubrirase mediante sistema de concurso-oposición.
Requisitos principais:
-
Nacionalidade española, da UE ou casos asimilados.
-
Título de ESO, graduado escolar ou equivalente.
-
Carné de conducir tipo B.
-
Certificado Celga 2 de galego ou proba equivalente.
-
Non ter antecedentes por delitos de natureza sexual.
Funcións:
Tarefas de vixilancia e custodia, atención ao público, control e mantemento básico de instalacións, apertura e peche de edificios, distribución de material e apoio en actividades.
Proceso selectivo:
-
Fase de oposición (70 puntos): exame teórico tipo test, proba práctica e proba de galego.
-
Fase de concurso (30 puntos): valoración de experiencia profesional e cursos de formación relacionados.
Prazo de inscrición: 20 días naturais a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria no BOE. As solicitudes poden presentarse no Rexistro Xeral do Concello da Pastoriza ou na súa sede electrónica.
Máis información, bases completas e modelo de solicitude dispoñibles na sede electrónica do Concello da Pastoriza e no BOP de Lugo.




Comments