Axente de Igualdade - Concello de Vilalba
O Concello de Vilalba abre o prazo para a selección dun/ha funcionario/a interino/a que desempeñe o posto de Axente de Igualdade a xornada completa por un período de 6 meses, con data límite o 31 de marzo de 2026. A contratación está vinculada a unha subvención da Consellería de Política Social e Igualdade.
O proceso selectivo será mediante concurso-oposición libre, con valoración da experiencia profesional en igualdade e unha proba tipo test sobre lexislación, políticas de igualdade e prevención da violencia de xénero. As persoas que non acrediten o CELGA 4 deberán realizar unha proba de galego.
Requisitos principais:
-
Titulación en Técnico/a Superior en Promoción de Igualdade de Xénero ou estudos universitarios en áreas sociais e xurídicas.
-
Formación en igualdade ou violencia de xénero (mínimo 200 horas) salvo para a titulación específica.
-
CELGA 4 ou equivalente.
-
Nacionalidade española ou da UE, capacidade funcional e non estar inhabilitado/a para o emprego público.
Prazo de presentación de solicitudes: 7 días naturais desde o 15 de agosto de 2025, a través da sede electrónica do Concello de Vilalba ou polos medios previstos na Lei 39/2015.
Máis información: BOP LUGO DE 14/08/2025




Comments