A Deputación da Coruña convoca o VII Premio “Luísa Villalta” a proxectos pola igualdade
A Deputación da Coruña abre o prazo para participar na sétima edición do Premio “Luísa Villalta” a proxectos pola igualdade, unha iniciativa que busca promover a igualdade de xénero, combater a violencia machista e defender a diversidade sexual a través de proxectos con impacto social na provincia.
Poderán participar persoas autónomas, entidades de economía social e empresas con sede en Galicia que desenvolvan o seu proxecto na provincia da Coruña. Establécense dúas modalidades:
-
Modalidade A: proxectos sociais pola igualdade.
-
Modalidade B: proxectos culturais pola igualdade.
A convocatoria conta cunha dotación total de 100.000 €, repartidos en ata oito premios de 12.500 € cada un como máximo.
Os proxectos deberán ser orixinais, executarse entre o 1 de xaneiro de 2025 e o 31 de marzo de 2026, empregar a lingua galega e incorporar medidas de accesibilidade, perspectiva de xénero e enfoque interseccional.
As candidaturas deberán presentarse de forma telemática a través da plataforma SUBTEL da Deputación da Coruña. O prazo de presentación fixarase no anuncio oficial no BOP da Coruña e na BDNS.
Información: BOP CORUÑA 14/08/2025




Comments