Skip to main content

O Concello de Vedra abre unha bolsa de auxiliares administrativos para o servizo de xestión tributaria

O Concello de Vedra publicou as bases do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de emprego de auxiliares administrativos/as destinada ao servizo de xestión tributaria. O procedemento servirá para realizar nomeamentos interinos e garantir a cobertura temporal de prazas.

O sistema de selección será de concurso-oposición por quenda libre. A fase de oposición consistirá nun exame tipo test de 40 preguntas sobre o temario recollido nas bases. As persoas que superen esta parte pasarán á fase de concurso, na que se valorará a experiencia profesional en administración pública ou no sector privado en áreas relacionadas coa contabilidade, tesouraría ou xestión tributaria.

Requisitos principais:

  • Nacionalidade española ou dalgún Estado que permita o acceso ao emprego público.

  • Ter cumpridos 16 anos e non exceder a idade de xubilación forzosa.

  • Titulación de Educación Secundaria Obrigatoria ou equivalente.

  • Celga 3 de galego ou proba acreditativa.

As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Vedra, a través da sede electrónica municipal ou polas vías previstas na Lei 39/2015. O prazo será de cinco días hábiles a partir do seguinte ao da publicación no BOP da Coruña (14/08/2025).

Información: BOP A CORUÑA 14/08/2025

Comments