Creación dunha bolsa de emprego de contratación temporal para o posto de psicólogo/a en Chantada
Requisitos:
a) Ser español ou nacional doutros estados nos termos do artigo 57 do Real decreto lexislativo 5/2015 do 30 de outubro polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público
b) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas. A condición de discapacitado/a e a súa compatibilidade acreditarase coa oportuna certificación do organismo competente.
c) Ter cumpridos 16 anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
d) Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas, ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial.
e) Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desempeño das correspondentes función.
f) Non atoparse en situación de incapacidade ou incompatibilidade con arranxo á lexislación vixente.
g) Carecer de antecedentes no Rexistro Central de delincuentes sexuais.
h) Estar en posesión do permiso de conducir.
i) Estar en posesión do certificado de lingua galega (CELGA 4) OU EQUIVALENTE. No caso de que non se posúa haberá que superar unha proba de coñecemento da lingua galega.
k) Estar en posesión da seguinte titulación, ou en disposición de obtela, na data en que remate o prazo de presentación de instancias: Licenciatura ou grao en Psicoloxía.
Prazo:
O prazo de presentación de instancias será de 10 días hábiles, que comezarán a contar a partir do día seguinte da publicación do anuncio no BOP de Lugo
Máis información:
Px 2 BOP




Comments