CLM 2025-2026: cursos de alemán, catalán, checo, francés, inglés, italiano e portugués
A Universidade de Santiago de Compostela convoca, para o 1º semestre do curso académico 2025-2026, cursos de alemán, catalán, checo, francés, inglés, italiano e portugués, dirixidos a persoal e estudantado da USC, pero tamén abertos a calquera persoa maior de 18 anos interesada, que non forme parte da comunidade universitaria.
No caso dos cursos de linguas estranxeiras, ofértanse varios niveis de acordo co Marco Europeo Común de Referencia para as Linguas (MECRL), así como outros cursos de práctica de destrezas específicas.
Non terá que realizar un test de nivel previo o estudantado do nivel inicial do idioma ou o que poida acreditar un nivel inmediatamente anterior do MECRL aprobado no ano ou semestre anterior no propio CLM.
O estudantado coa acreditación allea ao CLM, debe poñerse en contacto previo co Centro a través do enderezo clm@usc.gal.
Nos restantes casos, é preciso realizar un test de nivel previo á matrícula, que será presencial e/ou en liña.
Para realizalo hai que inscribirse no período sinalado para cada caso no anexo da convocatoria.
A inscrición no test é gratuíta.
Recoméndase que a/o estudante se matricule no CLM despois de formalizar a matrícula nos estudos regrados na USC, xa que permite aplicar a tarifa reducida da Universidade e simplificar o proceso.
A matrícula farase en liña dende o web do CLM.
Máis información:
https://www.usc.gal/gl/centro/centro-linguas-modernas




Comments