Axudas para material escolar e desprazamentos do alumnado - Concello de Somozas
O Concello das Somozas ten aberto o prazo de solicitude de axudas dirixidas ás familias para a compra de material escolar no curso 2025/2026 e para gastos de desprazamento do alumnado de ciclos formativos de grao medio ou superior e universitarios.
Estas axudas teñen como obxectivo favorecer a igualdade de oportunidades no acceso á educación e apoiar ás familias na cobertura de gastos derivados da escolarización. O orzamento destinado á convocatoria ascende a 12.000 euros.
Persoas beneficiarias
Poderán optar ás axudas:
-
Familias con alumnado matriculado en Educación Infantil, Primaria, ESO, FP Básica e Bacharelato, para a compra de libros e material escolar.
-
Estudantes de Bacharelato, ciclos medios, superiores e universitarios, ata 25 anos, para axudas de material ou desprazamentos segundo o nivel educativo.
Será requisito estar empadroado/a no Concello das Somozas e cumprir os límites de renda establecidos. No caso de alumnado con discapacidade recoñecida igual ou superior ao 33%, concederase a contía máxima correspondente sen límite de ingresos.
Contías das axudas
-
Educación Infantil, Primaria, ESO e FP Básica: ata 200 € segundo renda familiar.
-
Bacharelato: ata 250 €.
-
Ciclos medios e superiores: 300 € por desprazamentos.
-
Universidade: 500 € por desprazamentos.
Prazo e presentación de solicitudes
As solicitudes poderán presentarse ata o 30 de setembro de 2025 no Rexistro Xeral do Concello das Somozas ou a través da súa Sede electrónica, empregando o formulario oficial.
Será necesario achegar a documentación xustificativa indicada nas bases: matrícula, declaración do IRPF, libro de familia, certificado bancario, entre outros.
Máis información BOP Coruña 25/08/2025




Comments