Skip to main content
TEATRO

Aberta a convocatoria do VII Certame de Teatro Afeccionado Concello de Lourenzá 2025

O Concello de Lourenzá vén de publicar as bases reguladoras para participar no VII Certame de Teatro Afeccionado 2025, unha cita cultural consolidada que busca poñer en valor o talento das compañías e grupos teatrais non profesionais, impulsando a creación escénica e a difusión da lingua galega.

Quen pode participar?

Poderán inscribirse unicamente compañías e grupos de teatro afeccionado, de calquera xénero teatral, que superen o proceso previo de selección. Valorarase de maneira especial o uso da lingua galega nas representacións.

Documentación necesaria

As solicitudes deberán incluír:

  • A ficha de inscrición dispoñible na web do Concello de Lourenzá.

  • Copia do CIF do grupo ou compañía.

  • Ficha artística e técnica da obra.

  • Gravación en DVD, pendrive ou tarxeta da representación presentada a concurso.

O prazo de presentación permanecerá aberto ata o 30 de setembro de 2025, unha vez publicado o extracto das bases no BOP de Lugo.

Premios

O certame contará con diferentes recoñecementos:

  • Premio “Conde Santo” á mellor representación: 750 € e trofeo.

  • Premio “Lourenzo” ao mellor actor: trofeo.

  • Premio “Ana” á mellor actriz: trofeo.

  • Premio ao mellor actor de reparto: trofeo.

  • Premio á mellor actriz de reparto: trofeo.

  • Premio á mellor posta en escena: trofeo.

  • Premio especial do público: trofeo.

Ademais, o xurado poderá outorgar outros galardóns se o considera oportuno.

Máis información

As bases completas poden consultarse:

Comments