XXXVIII Eusebio Lorenzo Baleirón
O Concello de Dodro convoca a XXXVIII edición do certame Eusebio Lorenzo Baleirón coa finalidade de honrar a memoria do ilustre poeta dodrense e contribuír á promoción da poesía galega.
Requisitos:
-Poderán concorrer neste certame todas as persoas maiores de 18 anos.
-As obras deben estar escritas en lingua galega, ser orixinais e inéditas, con tema e forma libres.
-Teñen que ter unha extensión mínima de 500 versos e máxima de 800.
-Os poemarios presentaranse en formato dixital (USB ou CD) acompañados dunha plica ou sobre pechado na que figurarán o título e lema.
-No interior do sobre pechado incluirase a seguinte documentación:
Copia do DNI da persoa autora
Datos de contacto (enderezo postal, teléfono e enderezo de correo electrónico)
Breve currículo literario
Solicitude de participación e declaración de autoría e orixinalidade, debidamente cuberta (Anexo I das presentes bases)
Declaración responsable de estar ao corrente no cumprimento das obrigas coa Axencia Tributaria e consentimento expreso para o tratamento dos datos persoais (Anexo II das bases)
Premio:
Único premio de 2.500€ xunto coa publicación do poemario nunha editorial de recoñecido prestixio e 25 exemplares da peza galardoada.
Máis información:
Concello de Dodro
Tallós Nº 32
15981 - Dodro (A Coruña)
Tel: 981 802 472
E-correo: biblioteca@dodro.gal




Comments