Convocatoria: Bolsa de emprego de porteiro/a no Concello de Muros
O Concello de Muros abre unha convocatoria para a creación dunha bolsa de emprego de porteiro/a como persoal funcionario interino, coa finalidade de cubrir posibles vacantes ou situacións de reserva do posto (baixas, vacacións, excedencias, etc.).
Funcións principais
-
Apertura e peche de centros municipais.
-
Atención telefónica e recepción de persoas.
-
Manexo básico de programas de texto e follas de cálculo.
-
Apoio en tarefas de almacén, traslado e reposición de material.
-
Pequenas reparacións, correo, fotocopias e outras funcións propias da portería/conserxería.
Condicións da praza
-
Xornada: 37,5 horas semanais, de luns a sábado, en quenda de mañá ou tarde.
-
Retribucións: segundo Agrupación Profesional (AP), complemento de destino 14 e complemento específico de 4.358,76 € anuais en 14 pagas.
Requisitos principais
-
Ter nacionalidade española ou da UE.
-
Titulación mínima: certificado de escolaridade ou equivalente.
-
Ter 16 anos cumpridos e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa.
-
Estar en posesión do CELGA 1 ou equivalente (ou superar a proba correspondente).
-
Presentar certificado negativo de delitos de natureza sexual.
Proceso selectivo
O sistema será de oposición libre, cun máximo de 25 puntos:
-
Exame tipo test (15 preguntas).
-
Proba práctica relacionada coas funcións do posto.
-
Proba de galego (só para quen non acredite documentalmente o CELGA 1).
Prazo e presentación de solicitudes
-
O prazo é de 10 días hábiles a partir do día seguinte á publicación da convocatoria no BOP da Coruña (29 de agosto de 2025).
-
As solicitudes presentaranse preferentemente a través da sede electrónica do Concello de Muros, ou ben no rexistro xeral ou nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015.
-
Modelo de solicitude dispoñible no seguinte enlace directo.
📌 Máis información:
-
Bases completas publicadas no BOP da Coruña, número 164, do 29/08/2025.
-
Concello de Muros: www.muros.gal




Comments