Certame literario Terras de Chamoso
A Asociación Cultural Arumes do Corgo organiza outro ano máis o certame literario Terras de Chamoso, que no 2025 acada a súa décimo novena edición. Un certame que se atopa entre os máis antigos a nivel galego e que ten moita acollida entre os centros educativos da comarca. Trátase dun certame de relato e poesía breves para as categorías infantil (10, 11, 12 e 13 anos), xuvenil (14, 15, 16 e 17 anos) e adultos (maiores de 18).
Os traballos teñen que estar en galego, temática libre, e o prazo de entrega remata o 23 de novembro de 2025. A entrega de premios farase nun acto cultural, musical e literario con moitas sorpresas o sábado, 20 de decembro de 2025 no Punto de Atención á Lectura do Corgo.
Este ano continuamos co Premio “A Legua Dereita” de cultura tradicional galega (en colaboración coa Asociación Cultural A Legua Dereita) para modalidade relato e categoría infantil (ver bases).




Comments