O Concello de Triacastela convoca unha praza de administrativo/a interino/a
O Concello de Triacastela vén de facer pública a convocatoria para a provisión, mediante concurso-oposición, dunha praza de administrativo/a como funcionario/a interino/a. O contrato terá unha duración de 10 meses e, en todo caso, non se poderá estender máis alá do 31 de outubro de 2026.
Esta contratación enmárcase no Programa Reforzo do Emprego, incluído no Plan Deputación de Cooperación cos Concellos 2025, e responde á necesidade de reforzar os servizos administrativos municipais.
Principais características da praza
-
Categoría profesional: Administrativo/a
-
Xornada laboral: Completa (40 horas semanais, de luns a venres)
-
Retribución: 1.578,67 € brutos mensuais (incluída a parte proporcional das pagas extras)
-
Duración do contrato: 10 meses, con límite ata o 31/10/2026
-
Sistema de selección: Concurso-oposición
As funcións inclúen tarefas de atención ao público, xestión e arquivo de expedientes, apoio á Secretaría-Intervención en contabilidade e tramitación administrativa, todas elas imprescindibles para o bo funcionamento do Concello.
Requisitos principais
As persoas aspirantes deberán cumprir, entre outros, os seguintes requisitos:
-
Ter nacionalidade española, da UE ou residencia legal en España.
-
Posuír a titulación de Bacharelato, FP de 2º grao ou equivalente.
-
Acreditar coñecemento de lingua galega nivel CELGA 4 (ou superar unha proba).
-
Estar en situación de desemprego ou mellora de emprego.
Presentación de solicitudes
O prazo para presentar instancias é de 7 días naturais a partir do seguinte á última publicación da convocatoria. As solicitudes deberán rexistrarse no Rexistro Xeral do Concello de Triacastela ou a través dos medios previstos na Lei 39/2015 do procedemento administrativo común.
As bases completas, os formularios de solicitude e máis información están dispoñibles na sede electrónica do Concello de Triacastela




Comments