O Concello de Cervo abre unha bolsa de emprego para mestre/a de Educación Infantil
O Concello de Cervo vén de anunciar a convocatoria dunha bolsa de traballo para o posto de mestre/a en Educación Infantil (grupo A, subgrupo A2), destinada á Escola Infantil Municipal.
A selección realizarase mediante o sistema de concurso-oposición e permitirá crear unha lista de contratación laboral temporal para cubrir necesidades do centro educativo.
As bases da convocatoria e toda a información detallada poden consultarse:
-
No Rexistro Xeral do Concello de Cervo.
-
No taboleiro de anuncios da sede electrónica municipal: cervo.sedelectronica.es.
📅 Prazo de solicitudes: 5 días hábiles a partir do día seguinte da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia. BOPO LUGO
Esta é unha oportunidade para persoas tituladas en educación infantil que desexen desenvolver a súa carreira profesional no ámbito da docencia pública municipal.




Comments