Skip to main content
monitor

Monitor/a de Actividades de Tempo Libre en Betanzos

A Escola de Tempo Libre Fervenza organiza un curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre, que se desenvolverá no Espazo Xove de Betanzos (rúa Valdoncel 7, A Coruña) entre o 27 de setembro e o 29 de novembro de 2025.

A formación contará cunha carga total de 200 horas, das cales 110 serán presenciais e 90 impartiranse a distancia a través da plataforma Google Classroom, que permitirá o seguimento activo e participativo do alumnado mediante clases dinámicas, videoconferencias, mensaxería e recursos virtuais.

Estrutura do curso

  • Parte presencial (110 h): animación e técnicas, educación ambiental e natureza, primeiros auxilios e actividades ao aire libre.

  • Parte en liña (90 h): psicosocioloxía, educación e tempo libre, educación para a saúde e organización e recursos.

O programa combinará sesións teóricas e prácticas, obradoiros, xogos, acampadas e itinerarios interpretativos, sempre cun enfoque participativo e de aprendizaxe en grupo.

Equipo docente

O curso contará cun profesorado con ampla experiencia en educación, animación sociocultural, saúde e medio ambiente, entre eles Jesús Díaz Santiago (director do curso), Rubén Mateos López, José Ángel Paz Quintana, Lucía Pintor Mourazos, Iván Ares Ochoa ou Antía Fontenla Sabio, entre outros.

Información de interese

  • Lugar: Espazo Xove de Betanzos

  • Datas: 27 de setembro – 29 de novembro de 2025

  • Teléfonos de contacto: 881 880 279 (Espazo Xove de Betanzos) | 651 921 380 (director do curso) | 606 321 636 (director da escola)

O curso está dirixido a mozos e mozas interesados en obter a titulación oficial de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre, habilitante para traballar en campamentos, colonias, actividades de ocio educativo e outros proxectos de animación xuvenil.

Comments