Skip to main content

Convocatoria dunha praza de titulado/a superior na Axencia Galega de Innovación para o proxecto europeo Quorum

A Axencia Galega de Innovación (Gain) abre un novo proceso selectivo para cubrir, mediante contrato laboral temporal, unha praza de titulado/a superior como xestor/a de proxecto dentro do proxecto europeo Quorum (Computación Cuántica).

Este proxecto, financiado polo Programa estatal de apoio a ecosistemas de innovación 2021-2023, ten como obxectivo impulsar a ciencia e a tecnoloxía cuántica en Galicia, ademais de fomentar a súa visibilidade internacional.

Requisitos principais

As persoas aspirantes deberán contar con:

  • Titulación universitaria de grao ou licenciatura.

  • Certificado de inglés (mínimo nivel B2).

  • Coñecemento acreditado de galego (Celga 4 ou equivalente).

  • Dispoñibilidade para viaxar a distintos países europeos.

Tamén se valorará a experiencia en proxectos de I+D+i e a formación relacionada con tecnoloxías cuánticas ou áreas afíns.

Proceso selectivo

O procedemento constará de dúas fases:

  1. Valoración de méritos (ata 10 puntos).

  2. Entrevista persoal en galego e inglés (ata 1 punto).

Prazo e presentación de solicitudes

O prazo de presentación será de 10 días hábiles a partir do día seguinte á publicación oficial da convocatoria no DOG.

As solicitudes deberán presentarse a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, empregando o procedemento PR004A e indicando no asunto “Proceso Quorum”.

Máis información

As bases completas, así como os anexos da convocatoria, poden consultarse na web da Axencia Galega de Innovación: http://gain.xunta.gal.

Para calquera dúbida, as persoas interesadas poden escribir ao correo electrónico: persoal.gain@xunta.gal (indicando no asunto “Proceso Quorum”).

 

DOG 177

Comments