Convocatoria de selección de persoal directivo na Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia
A Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. publicou o anuncio do 11 de setembro de 2025 polo que se fai pública a convocatoria dun proceso de selección para a contratación de persoal directivo profesional na Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia (CSAG).
A CSAG é unha sociedade mercantil pública autonómica, na que se integran os medios públicos de comunicación audiovisual de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia que prestan o servizo público de comunicación audiovisual.
De acordo co disposto no artigo 45 da Lei 1/2025, do 14 de marzo, de servizos dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia para a sociedade dixital, a selección de persoal directivo profesional realizarase mediante convocatoria pública, consonte os principios de concorrencia, mérito e capacidade, e tras a valoración discrecional da idoneidade das persoas candidatas por parte do órgano competente.
As bases do proceso de selección están dispoñibles na páxina web da Corporación: www.csag.gal.
📌 O prazo de presentación de solicitudes abrirase ao día seguinte da publicación deste anuncio e terá unha duración de sete (7) días naturais. Todas as publicacións e notificacións relacionadas con este proceso difundiranse tamén a través da citada web.




Comments