Skip to main content
DEPORTE

Convocatoria de bolsas para deportistas individuais do Concello de Ordes 2025

O Concello de Ordes publica as bases reguladoras para a concesión de bolsas a deportistas individuais para o ano 2025, co obxectivo de fomentar a práctica deportiva e a participación en competicións oficiais. A dotación económica total desta convocatoria é de 10.000 €, compatibles con outras axudas públicas ou privadas para a mesma finalidade.

Requisitos xerais:

  • Ter nacionalidade española e nado no ano 2017 ou anteriores.

  • Estar empadroado no Concello de Ordes desde hai polo menos dous anos.

  • Dispoñer de licenza federativa en vigor.

  • Ter participado en competicións oficiais autonómicas ou superiores, ou nas convocatorias das seleccións galega ou española durante o ano 2024.

  • Non ser beneficiario da Bolsa ADO en 2024 nin 2025.

  • Estar ao día nas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

Solicitudes:
Presentaranse no modelo normalizado (Anexo I), dispoñible no Departamento de Deportes do Concello de Ordes ou en www.ordes.gal, durante un prazo de 20 días hábiles desde a publicación do extracto no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

Baremación e concesión:
As solicitudes valoraranse segundo a participación e clasificación en competicións oficiais do ano 2024. As bolsas distribuiranse do seguinte xeito:

  • 6 bolsas de 600 €

  • 6 bolsas de 450 €

  • 11 bolsas de 200 €

  • 10 bolsas de 150 €

O abono das bolsas require a xustificación dos gastos relacionados con material deportivo, desprazamentos e revisións médicas antes do 2 de decembro de 2025.

Para máis información, consulta as bases completas en www.ordes.gal

BOP CORUÑA

Comments