Convocatoria: 4 prazas de Operario de Servizos Varios no Concello de Baiona
O Concello de Baiona aprobou, mediante a Resolución de Alcaldía nº 2025-2205 de data 11 de setembro de 2025, as bases para cubrir 4 prazas de Operario de Servizos Varios, mediante sistema de concurso-oposición.
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, contados desde o día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial do Estado (BOE).
As funcións destes postos inclúen as tarefas descritas na Relación de Postos de Traballo do Concello de Baiona. Os requisitos para participar inclúen, entre outros: ter nacionalidade española, contar coas capacidades físicas e psíquicas necesarias, e ter abonado a taxa de exame.
As bases completas están dispoñibles en:
-
Oficina de Atención ao Cidadán (OAC) do Concello de Baiona
A selección realizarase mediante concurso-oposición, incluíndo probas teóricas, prácticas e, no seu caso, de coñecemento da lingua galega. Ademais, valoraranse a experiencia profesional e a formación relacionada coa praza.
Para máis información e presentación de solicitudes, consultar a sede electrónica do Concello de Baiona.




Comments