Skip to main content
carné conducir

Convocatoria de axudas para mozos e mozas do Concello de Lalín: Programa ConduceLalín 2025

O Concello de Lalín pon en marcha a convocatoria de subvencións e axudas económicas directas destinadas á mocidade empadroada no municipio, para contribuír ao financiamento da obtención do carné de conducir. Esta iniciativa enmárcase no Programa ConduceLalín 2025.

Beneficiarios/as:
Poderán optar a estas axudas as persoas de entre 18 e 25 anos que estean empadroadas en Lalín desde hai, como mínimo, un ano e que teñan obtido calquera tipo de permiso de conducir entre o 1 de setembro de 2024 e o 31 de agosto de 2025. Cada persoa só poderá solicitar unha axuda.

Tipos de permisos subvencionados:

  • AM: ciclomotores e cuatriciclos lixeiros

  • A1, A2, A: motocicletas de diferentes cilindradas

  • B e B+E: automóbiles e conxuntos con remolque

  • C, C1, C+E, C1+E: vehículos de transporte de mercadorías

  • D, D1, D+E, D1+E: transporte de pasaxeiros

Importe das axudas:

  • Máximo por persoa: 300 €

  • Para o permiso AM: 150 €

Prazo e presentación de solicitudes:

  • O prazo será de 1 mes desde a publicación do extracto das bases no BOPPO.

  • As solicitudes deberán presentarse mediante o modelo normalizado dispoñible, achegando a documentación requirida, incluindo DNI/NIE, certificado bancario e copia do permiso de conducir.

Obxectivo:
Facilitar que a mocidade de Lalín poida obter o seu permiso de conducir, fomentando a mobilidade, a autonomía e o desenvolvemento persoal e profesional.

Para máis información e descarga dos formularios, pódese consultar a sede electrónica do Concello de Lalín.

BOP Pontevedra

Comments