Skip to main content
finanzas

Aprende a xestionar as túas finanzas

Queres aprender a xestionar mellor as túas finanzas persoais e profesionais?

Os Polos de emprendemento e apoio ao emprego de Melide e Silleda, en colaboración co #BancodeEspaña, organizan unha formación práctica para que poidas planificar o teu orzamento, coñecer as mellores opcións de financiamento e tomar decisións económicas máis informadas.

📅 Mércores, 17 de setembro | 10:30 – 13:00 h
📍 Confederación de Empresarios de Galicia (Salón de actos). Rúa do Vilar, nº 54 baixo. Santiago de Compostela

Durante 2,5 horas descubrirás claves para aforrar, investir de forma intelixente, entender o interese composto e protexerte fronte ao fraude. Ademais, coñecerás os teus dereitos como cliente bancario e aprenderás a comparar opcións de financiamento.

👉 Inscríbete e aproveita esta formación pensada para resolver dúbidas reais e ofrecer consellos prácticos! 

Comments