Exposición 'Abuso'
A artista Amabel Míguez de la Sierra expón na Igrexa da Universidade a mostra 'Abuso' que se inaugura o mércores 17 de setembro ás 12.30 horas nun acto que preside a vicerreitora de Estudantes e Cultura, Pilar Murias.
A creadora presenta, nesta ocasión, unha obra en papel, maioritariamente debuxo, en ocasións de gran formato, que lle permite combinar unha técnica tan basal como é o debuxo cun tratamento temático e compositivo orixinal.
A mostra pode verse ata o 31 de outubro de 2025, en horario de luns a venres, de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas.
Máis información:
www.usc.gal




Comments