Skip to main content
PRECON25

Premios a Proxectos de Convivencia e Benestar no ámbito escolar

O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes convoca os Premios a Proxectos de Convivencia e Benestar no ámbito escolar.
Premiar proxectos que promovan mellorar a convivencia escolar e o éxito educativo, previr os conflitos e resolvelos de maneira pacífica nos centros educativos financiados con fondos públicos que impartan os ensinos de Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria, Bacharelato, Ciclos formativos de Formación Profesional, Educación Especial e Educación de persoas adultas.

Requisitos:
-Poderán optar a estes premios aqueles centros educativos de ensinos non universitarios sostidos con fondos públicos, indicados no apartado primeiro, que desenvolvan proxectos ou actuacións innovadoras enfocadas á mellora da convivencia e á aplicación efectiva e realista do plan de convivencia no centro durante o curso 2024-2025.
-Para acceder a esta convocatoria, o centro deberá cumprimentar o formulario de solicitude que será accesible por vía telemática a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes, seguindo o roteiro que se indica a continuación: Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes> Servizos aos cidadán> Trámites e servizos de Educación> Centros docentes> Premios.
-O rexistro da solicitude realizarase de maneira telemática mediante certificado electrónico emitido por algunha autoridade de certificación recoñecida.
-As solicitudes e escritos poderán presentarse en calquera das dependencias contempladas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Pública.

Dotación:
En cada modalidade concederanse premios coa distribución e dotación económica que se indica:
Categoría 1
Modalidade A: 2 premios de 7.500 € cada un
Modalidade B: 2 premios de 7.500 € cada un

Categoría 2
Modalidade A: 4 premios de 7.500 € cada un
Modalidade B: 4 premios de 7.500 € cada un

Convoca:
Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes

Dirección:
Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes
Cale Alcalá, 34.
28014 Madrid
 
Máis información:
https://www.educacionfpydeportes.gob.es/servicios-ao-cidadán/catalogo/centros-docentes/premios/premios-proxecto-convivencia-benestar.html

Comments