Skip to main content
EXMORA25

Mozas raras: centenario Carmen Martín Gaite e Ana María Matute

A Biblioteca Pública Anxel Casal de Santiago de Compostela organiza a exposición:
Mozas raras: centenario Carmen Martín Gaite e Ana María Matute.

Carmen Martín Gaite (Salamanca, 1925/ Madrid, 2000) e Ana María Matute (Barcelona, 1925/2014) cumpren cen anos neste 2025. Dúas mulleres, dúas escritoras pertencentes á xeración literaria dos 50 do século pasado, que comparten a necesidade de crear, non só a través da escritura senón tamén doutras disciplinas, como a pintura no caso de Matute e a creación de collages como forma de expresión, no caso de Martín Gaite. Dous universos literarios diferentes que se rebelan á vez nunha época pouco propicia para a liberdade.

A mostra estrá dispoñible do 1 de outubro ao 29 de novembro no segundo andar durante o horario de apertura da biblioteca.

Máis información:
https://bibliotecas.xunta.gal/es/santiago/axenda

Comments