Convocatoria para dúas prazas de axente de emerxencias e protección civil no Concello de Oleiros
O Concello de Oleiros publica a convocatoria e as bases de selección para cubrir, por persoal laboral fixo e quenda libre, dúas prazas de axente de emerxencias e protección civil, aprobada por resolución número 2025004518 do 11 de setembro de 2025.
Esta convocatoria específica constitúe o desenvolvemento das bases da convocatoria unitaria publicada no Boletín Oficial da Provincia da Coruña nº 182, do 23 de setembro de 2022, para a provisión de prazas vacantes incluídas na Oferta de Emprego Público dos anos 2023 e 2025.
As persoas interesadas deberán presentar a súa solicitude unicamente por vía electrónica a través da sede electrónica do Concello de Oleiros. O prazo será de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial do Estado.
As prazas convocadas esixen como requisitos principais estar en posesión do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou equivalente, así como dos permisos de conducir das clases B e C. O proceso de selección levarase a cabo mediante concurso-oposición.
Toda a información relativa ás condicións, requisitos, probas e documentación necesaria atópase dispoñible na sede electrónica e na web municipal do Concello de Oleiros, na sección Procesos selectivos.
BOP Coruña




Comments