Skip to main content
bebe

Convocatoria de axudas para o fomento da natalidade e o empadroamento 2025 no Concello da Lama

O Concello da Lama vén de publicar a convocatoria de axudas destinadas ao fomento da natalidade e o empadroamento para o ano 2025, tramitadas polo procedemento de concorrencia competitiva.

Poderán ser beneficiarios/as destas axudas os proxenitores ou adoptantes de menores que teñan fixada a súa residencia no municipio e que leven polo menos 12 meses de empadroamento ininterrompido previos ao feito causante da solicitude.

As axudas teñen como finalidade apoiar ás familias e contribuír ao incremento da poboación empadroada no Concello. O importe máximo da subvención será de 1.000 euros por cada fillo/a nacido ou adoptado entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2024. En casos de partos múltiples, aplicarase un incremento do 40% para o segundo fillo/a e do 20% para os seguintes.

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto durante os meses de setembro e outubro de 2025. Os formularios deberán presentarse no Rexistro de Entrada do Concello da Lama, por calquera dos medios previstos na Lei 39/2015, ou de forma telemática.

A contía global destinada a esta convocatoria ascende a 13.000 euros.

O texto completo das bases reguladoras e da convocatoria pode consultarse na Base de Datos Nacional de Subvencións: BDNS 856334

BOPPO

Comments