A Academia Galega de Seguridade Pública convoca cursos de formación continua para persoal de emerxencias
A Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) vén de publicar a Resolución do 15 de setembro de 2025 pola que se convocan cursos de formación continua dirixidos ao persoal dos servizos de extinción de incendios e salvamento, grupos de emerxencia supramunicipais (GES) e servizos municipais de protección civil e emerxencias da Comunidade Autónoma de Galicia.
A convocatoria forma parte do programa anual de actividades da Agasp e busca reforzar a preparación técnica e operativa deste persoal, fundamental na resposta ante situacións de risco e emerxencia.
📌 Cursos dispoñibles (2º semestre 2025)
-
Intervención con risco eléctrico
Modalidade: en liña · 21 horas · 40 prazas · Datas: 5 ao 28 de novembro -
Intervención con vehículos especiais
Modalidade: en liña · 24 horas · 40 prazas · Datas: 27 de outubro ao 25 de novembro -
Intervención en espazos confinados
Modalidade: en liña · 14 horas · 40 prazas · Datas: 12 de novembro ao 2 de decembro -
Investigación causal de incendios
Modalidade: en liña · 40 horas · 40 prazas · Datas: 20 de outubro ao 2 de decembro -
Normativas e instalacións de prevención de riscos de incendios e emerxencias
Modalidade: en liña · 90 horas · 40 prazas · Datas: 13 de outubro ao 28 de novembro -
Xestión operativa e mando – Nivel I
Modalidade: presencial · 24 horas · 24 prazas · Datas: 14 ao 16 de outubro
📅 Prazo de inscrición
Ata o 29 de setembro de 2025, a través da web da Agasp: http://agasp.xunta.gal
ℹ️ Máis información
-
Na web da Agasp, sección Formación de colectivos
-
Correo electrónico: formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal
-
Teléfonos: 886 20 61 37 / 886 20 61 38 / 886 20 61 11




Comments