Axudas para estudantes de Vilagarcía que cursen estudos fóra do municipio en 2024/2025
O Concello de Vilagarcía de Arousa abre a convocatoria de axudas para estudantes universitarios/as e de ciclos superiores de Formación Profesional que residan en Vilagarcía e cursen os seus estudos fóra do termo municipal durante o curso académico 2024/2025.
O obxecto desta convocatoria é apoiar economicamente aos estudantes que cumpran os seguintes requisitos principais:
-
Ser cidadán/a español/a, europeo/a ou extracomunitario/a.
-
Residir de forma permanente en Vilagarcía de Arousa dende polo menos un ano antes da solicitude.
-
Estar matriculado/a en estudos presenciais en universidades, centros de Formación Profesional ou institucións privadas autorizadas, cun mínimo de 9 meses de matrícula.
-
Que a renda familiar non supere os límites establecidos segundo o número de membros da unidade familiar.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde a publicación da convocatoria no BOP de Pontevedra ata o 12 de outubro de 2025, a través da Sede Electrónica do Concello: sede.vilagarcia.gal.
A axuda ascenderá a 425 € para estudos universitarios ou equivalentes e 225 € para ciclos superiores de FP ou estudos da UNED, abonándose nun único pago. Para manter a subvención, os beneficiarios deberán acreditar o cumprimento da finalidade da mesma, superando polo menos o 50% das materias do curso.
Toda a información, así como os formularios de solicitude e documentación necesaria, están dispoñibles en: www.vilagarcia.gal




Comments