Skip to main content
DEPORTE

Convocatoria de subvencións a entidades deportivas e deportistas individuais – Tempada 2023/2024

O Concello de Sanxenxo, a través do Organismo Autónomo Terra de Sanxenxo, abre a convocatoria de subvencións destinadas a fomentar a práctica deportiva no municipio durante a tempada 2023/2024 ou tempada 2024, segundo o calendario oficial da modalidade deportiva correspondente.

A convocatoria inclúe dúas liñas de axuda:

  • Liña 1: Subvencións a asociacións e entidades deportivas privadas sen ánimo de lucro con domicilio en Sanxenxo e inscritas no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia. As entidades deberán participar en competicións federadas e cumprir os requisitos establecidos nas bases.

  • Liña 2: Subvencións a deportistas individuais federados empadroados en Sanxenxo, que non pertenzan a entidades beneficiarias das subvencións, para deportes individuais e con participación en competicións federadas.

O orzamento total da convocatoria ascende a 100.000 €, cun máximo de 8.000 € por entidade e 4.000 € por deportista individual, cubrindo ata o 80% dos gastos subvencionables, como desprazamentos, inscricións, aloxamento, manutención, material deportivo e seguros.

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles a partir da publicación no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. As solicitudes formalizaranse preferentemente a través da Sede Electrónica do O. A. Terra de Sanxenxo: https://terradesanxenxo.sedelectronica.gal.
 

Todas as bases, documentación necesaria e criterios de valoración están dispoñibles na resolución oficial, que inclúe información detallada sobre beneficiarios, gastos subvencionables, procedemento de concesión, xustificación e reintegro.

Para máis información, contacta co departamento de Deportes, Xuventude e Voluntariado do Concello de Sanxenxo.

Comments