Skip to main content

A Deputación de Lugo convoca cinco prazas de Terapeuta Ocupacional para acceso libre

A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Lugo aprobou, na sesión ordinaria do 12 de setembro de 2025, a convocatoria e as bases específicas para o ingreso como persoal funcionario de carreira de cinco (5) prazas denominadas Terapeuta Ocupacional, incluídas nas ofertas de emprego público (OEP) dos anos 2023, 2024 e 2025.

O proceso selectivo realizarase polo sistema de concurso-oposición libre, complementando as bases xerais publicadas no BOP núm. 101, do 6 de maio de 2021. As persoas aspirantes deberán estar en posesión do grao ou diplomatura en Terapia Ocupacional ou titulacións académicas equivalentes e acreditar nivel de galego CELGA 4.

As prazas convocadas pertencen á escala de administración especial, subescala técnica, clase técnicos medios, grupo A, subgrupo A2, e contan con dotación orzamentaria nas ofertas de emprego dos anos 2023, 2024 e 2025.

O proceso selectivo constará de fase de oposición —cun máximo de 50 puntos— que inclúe exercicios de materia común, específica, suposto práctico e proba de galego, e fase de concurso —cun máximo de 30 puntos— na que se valorará a experiencia profesional, formación académica e complementaria, e coñecementos de idiomas.

A publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE) marcará o inicio do prazo de presentación de solicitudes. Toda a información e bases completas están dispoñibles no BOP de Lugo núm. 216, de 19 de setembro de 2025.

Comments