A Deputación de Lugo convoca 4 prazas de Fisioterapeuta por concurso-oposición
A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Lugo aprobou o pasado 12 de setembro de 2025 a convocatoria e as bases específicas para o ingreso como persoal funcionario de carreira en catro prazas vacantes, dotadas orzamentariamente, denominadas Fisioterapeuta, incluídas nas ofertas de emprego público (OEP) dos anos 2023 e 2024.
O proceso selectivo realizarase mediante sistema de concurso-oposición libre, e as prazas encádranse na escala de administración especial, subescala técnica, clase técnicos medios, grupo A, subgrupo A2.
Requisitos principais das persoas aspirantes:
-
Titulación académica: Grao ou Diplomatura en Fisioterapia ou equivalentes.
-
Nivel de galego CELGA 4 ou equivalente.
O procedemento constará de varias fases: oposición, concurso, e proba de galego. A fase de oposición inclúe exercicios escritos e prácticos relacionados coas funcións do posto, mentres que a fase de concurso valorará a experiencia profesional e a formación específica das persoas aspirantes.
As persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes a partir da publicación do extracto no Boletín Oficial do Estado (BOE), que dará inicio ao prazo de inscrición. O proceso garante os principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade, conforme á normativa vixente en materia de emprego público.
Para máis información, consultar as bases publicadas no BOP nº 216, do 19 de setembro de 2025.




Comments