A Deputación de Lugo convoca 7 prazas de ATS-DUE en acceso libre mediante concurso-oposición
A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Lugo aprobou na súa sesión do 12 de setembro de 2025 a convocatoria e as bases específicas para o ingreso como persoal funcionario de carreira en sete (7) prazas denominadas ATS-DUE, incluídas nas Ofertas de Emprego Público (OEP) dos anos 2023 e 2025.
Obxecto da convocatoria
O proceso selectivo ten como finalidade cubrir definitivamente as prazas vacantes no cadro de persoal funcionario da Deputación de Lugo, polo sistema de concurso-oposición libre.
Requisitos das persoas aspirantes
-
Titulación académica: Grao ou Diplomado/a Universitario/a en Enfermería, ATS, ou titulacións equivalentes.
-
Nivel de galego: CELGA 4.
Sistema selectivo
O proceso realizarase mediante concurso-oposición, co que se valorará tanto a experiencia profesional como a formación específica relacionada coas funcións das prazas. A fase de oposición constará de exercicios obrigatorios e eliminatorios cunha puntuación total de 50 puntos.
Publicación e presentación de solicitudes
O anuncio da convocatoria e as bases específicas publicaranse no Boletín Oficial da Provincia (BOP), no Diario Oficial de Galicia (DOG) e no Boletín Oficial do Estado (BOE). A presentación de solicitudes comezará co efecto da publicación no BOE.
Para máis información, consultar as bases completas no BOP de Lugo ou nos servizos da Deputación Provincial de Lugo.




Comments