Concurso “Ciberseguridade no cole”
O concurso “Ciberseguridade no cole” celebra este ano a súa quinta edición co obxectivo de concienciar, dunha forma lúdica, aos máis pequenos sobre o uso seguro da tecnoloxía.
A actividade, enmarcada na celebración do V Encontro Galego de Ciberseguridade, CIBER.gal, está dirixida a alumnado de 4º e 5º de Primaria e 1º e 2º da ESO dos centros educativos de Galicia.
O prazo de inscrición ao concurso, que está organizado por Telefónica, permanecerá aberto ata o día 6 de outubro, onde tamén se poden consultar as súas características e bases.
O certame contará cunha fase en liña ata o 15 de outubro, na que se decidirán os grupos que participarán na final, que terá lugar nun acto que se celebrará o 7 de novembro da Cidade da Cultura de Galicia.
A final desenvolverase no marco do V Encontro CIBER.gal, que os días 5, 6 e 7 de novembro reunirá en Santiago de Compostela a destacados especialistas e profesionais de seguridade da información.
Máis información:
https://ciberseguridadegalicia.gal/gl/cibergal




Comments