Skip to main content
BOLUVIGO

Bolsas para a inscrición en congresos dirixidas ao estudantado do Programa de Doutoramento en Análise Económica e Estratexia Empresarial

Estas bolsas teñen por obxecto financiar o pagamento da inscrición a congresos para estudantado do Programa Interuniversitario de Doutoramento en Análise Económica e Estratexia Empresarial da Universidade de Vigo (Uvigo) que presenten comunicacións en eventos científicos de prestixio, tanto a nivel nacional como internacional, buscando impulsar a participación activa do estudantado de doutoramento na comunidade científica, promovendo a difusión e o recoñecemento da labor investigadora do estudantado inscrito no programa.

Requisitos:    
-Estar matriculado no curso 2024/2025 na Uvigo no programa de doutoramento en Análise Económica e Estratexia Empresarial.
-Non estar na situación de baixa prevista no artigo 28 do Regulamento de Estudos de Doutoramento da Universidade de Vigo no momento de realización da actividade.
-Ter presentado unha comunicación nun congreso entre o 1 de xaneiro e o 18 de setembro de 2025 na que conste a filiación da Uvigo.
-Presentar documentación acreditativa de ter aboado a inscrición.
-Non dispoñer de financiación específica para a inscrición ao congreso mediante proxectos de investigación do grupo de investigación ao que pertence o/a doutorando/a.

Documentacion:    
1. As persoas solicitantes deberán cubrir o formulario en liña no seguinte enlace: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/1… descargalo e presentalo na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) a través da instancia xenérica estudantes (SXER) existente na sede (enlace) poñendo como asunto “Bolsas congresos programa de doutoramento en Análise Económica e Estratexia Empresarial” achegando só o arquivo coa solicitude.

2. O prazo de presentación das solicitudes comeza o día seguinte a publicarse esta convocatoria e remata o 23 de setembro de 2025, ás 23:59 horas (hora peninsular española).

3. No formulario achegarase a seguinte documentación (non hai que subir a documentación á sede electrónica)
a) Factura de inscrición ao congreso ao seu nome.
b) Documento acreditativo por parte do comité organizador coa aceptación da comunicación no congreso.
c) Documento acreditativo da composición do comité científico e organizador do congreso.
d) Copia ou resumo da comunicación enviada a o congreso na que conste a filiación da Uvigo.
e) Escrito da persoa directora da tese indicando que o/a estudante e o grupo de investigación ao que está asociado non dispoñe de financiamento suficiente para cubrir o gasto.

Máis información:
Correo electrónico:     bolsasformación@uvigo.es
Teléfono:    986814094
Web de bolsas:https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-estudo
Taboleiro:https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdat…

Comments