O Grove convoca axudas municipais para comedores escolares do curso 2025-2026
O Concello do Grove vén de abrir a convocatoria das axudas municipais destinadas a sufragar o custo dos comedores escolares durante o curso 2025/26. Estas axudas están dirixidas ás familias con fillas e fillos matriculados no 2º ciclo de Educación Infantil e Primaria nos centros CEIP Valle Inclán, CEIP Rosalía de Castro e CEIP As Bizocas, que se atopen en situación de precariedade económica.
O orzamento destinado ascende a 10.000 euros, distribuídos entre o ano 2025 (4.000 €) e o primeiro semestre de 2026 (6.000 €). A contía máxima da axuda poderá chegar aos 104,70 € mensuais durante 10 meses, o que supón cubrir o 100 % do custo da praza de comedor para aquelas familias que cumpran os requisitos establecidos.
As bases reguladoras foron aprobadas na Xunta de Goberno Local do 15 de setembro de 2025 e poden consultarse tanto no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica do Concello como na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS 857316).
📌 Prazo de solicitude: as persoas interesadas dispoñen de dez días hábiles desde a publicación do extracto no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra para presentar a súa solicitude, ben no rexistro municipal, na Sede Electrónica do Concello ou a través das vías previstas na Lei 39/2015.




Comments