Skip to main content
malaga

Excursión cultural a Málaga organizada polo Concello de Boimorto

O Concello de Boimorto vén de aprobar, mediante Decreto da Alcaldía nº 530/2025 de data 17 de setembro, as bases reguladoras e o prezo público da excursión cultural a Málaga, que terá lugar os días 26, 27 e 28 de setembro de 2025.

A actividade ten como obxectivo fomentar a participación cidadá e promover o coñecemento do patrimonio cultural, coincidindo co acto conmemorativo dedicado ao fillo predilecto de Boimorto, o escultor Suso de Marcos, referente da arte contemporánea.

Itinerario previsto:

  • 1º día (26/09): Saída en autocar de Boimorto a Torremolinos, con chegada pola mañá.

  • 2º día (27/09): Visita a Málaga, con parada na Casa Museo Suso de Marcos.

  • 3º día (28/09): Tempo libre e regreso a Boimorto.

Condicións económicas:

  • Custe total da viaxe por persoa: 320 €.

  • Prezo público establecido: 200 €, que deberán aboar todas as persoas inscritas.

  • O importe inclúe transporte en autocar, unha noite de hotel con almorzo, dispoñibilidade de autocar en Málaga e seguro de viaxe.

  • O pagamento deberá realizarse antes do 22 de setembro de 2025.

O Concello lembra que non se procederá a ningún reembolso do importe ingresado.
BOP Coruña

Comments