Skip to main content
PREESO25

Convócanse os premios de ESO ao esforzo e á superación persoal do curso 2024/25

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional vén de publicar a Orde do 11 de setembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2024/25 (código de procedemento ED311E).

Estes galardóns teñen como finalidade recoñecer publicamente o traballo, a dedicación e a capacidade de superación do alumnado de 4º de ESO que finalizou os seus estudos neste curso en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, poñendo en valor a combinación de esforzo, mérito e equidade.

A convocatoria establece:

    Número de premios: ata un máximo de 20.

    Dotación económica: 20.000 €, cun máximo de 1.000 € por persoa premiada.

    Ademais, o alumnado galardoado recibirá un diploma acreditativo.

Os premios están dirixidos a estudantes que, malia atoparse con dificultades persoais, educativas, familiares ou sociais, demostraron unha especial constancia e afán de superación no seu proceso de aprendizaxe.

📌 Prazo de solicitude: un mes contado a partir do día seguinte á publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.
📌 Presentación: preferiblemente por medios electrónicos a través da aplicación PremiosEdu ou da sede electrónica da Xunta de Galicia.

Máis información e consultas: 📧 premios@edu.xunta.gal

 

Comments