Skip to main content
HOERRCC25

Horizontes errantes. Unha peregrinación artística

Horizontes Errantes é unha peregrinación artística entre Alemaña e España, un proxecto de arte en movemento co que Laura Arís e Jakob Jautz transforman a experiencia de camiñar nunha creación escénica de danza contemporánea, música e teatro físico.

Unha performance con múltiples rostros que se presentará ao público galego o 27 de setembro no Salón de convencións do Edificio CINC, con entrada libre ata completar capacidade.

Durante 15 días, Laura Arís e Jakob Jautz percorreron a pé os camiños entre Tübingen e Friburgo (atravesando a Selva Negra en Alemaña) e entre Villanueva de Santo Adriano e Santiago de Compostela (seguindo o Camiño Primitivo), recollendo historias, sons, paisaxes e encontros significativos.

Máis información:
www.cidadedacultura.gal

Comments