Skip to main content
PREVOUNI

XIII Premios ao voluntariado universitario

A Fundación Mutua Madrileña quere recoñecer e dar visibilidade ao labor solidario dos estudantes, así como axudar economicamente ao impulso e sostemento das iniciativas de voluntariado. O obxectivo principal desta iniciativa é recoñecer e apoiar o labor dos mozos universitarios que colaboran en proxectos de voluntariado.

Requisitos:
Categoría Xeral:
-Proxectos impulsados e desenvolvidos por un grupo de varios estudantes universitarios (mínimo de 3) de calquera titulación.
-Iniciativas realizadas por voluntarios que estean vinculadas a ONG con sede en España fóra daquelas que se presenten á categoría “Universidade Solidaria”.
-Proxectos en curso ou que estea previsto poñer en marcha antes do 31 de marzo de 2026.
-Os universitarios que presenten o proxecto deben estar a cursar os seus estudos ou finalizalos hai menos de dous anos.
-As candidaturas deben ser presentadas e lideradas polos mozos universitarios.
 
Categoría Universidade Solidaria:
Proxectos de voluntariado impulsados e/o xestionados directamente por universidades españolas que NON se desenvolvan baixo o respaldo ou coa colaboración dunha ONG.

Dotación:
1º Premio: recoñecemento e axuda de 15.000 euros que se destinarán ao proxecto concreto que están a desenvolver.
Seis segundos premios para a Categoría Xeral: premio conmemorativo e axuda de 5.000 euros a cada un dos seis proxectos premiados, que se destinarán ao proxecto concreto que están a desenvolver.
Categoría “Universidade Solidaria”: premio conmemorativo e axuda de 5.000 euros que se destinarán ao proxecto concreto que están a desenvolver.
 
Dirección:
91 171 82 15
 WhatsApp 680 573 188
premios@fundacionmutua.es
Fundación Mutua Madrileña
Paseo da Castelá, 36-38. 10º planta,
28046, Madrid.
 
Convoca: Fundación Mutua Madrileña

Más información:
Os proxectos deben presentarse exclusivamente a través dun único envío de WeTransfer ao e-mail premios@fundacionmutua.es, e débese especificar no asunto o nome do proxecto.

https://www.premiosvoluntariado.com/edicion-2025/

 

Comments