Convocatoria de selección dunha praza de persoal no Centro Tecnolóxico do Mar – Fundación Cetmar
O Centro Tecnolóxico do Mar – Fundación Cetmar vén de facer pública a convocatoria e as bases específicas para a selección, por interinidade, dunha praza de técnico/a de administración da Secretaría Xeral.
A directora xerente de Cetmar, en virtude das competencias atribuídas polo Padroado da Fundación, aprobou a publicación desta convocatoria, que estará dispoñible para consulta na sede da entidade (rúa Eduardo Cabelo, s/n, 36208 Vigo) e tamén na súa páxina web oficial: https://cetmar.org/trabajo/.
O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.




Comments