Convocatoria de axudas para a adquisición de libros destinadas a menores empadroados na provincia de Ourense
A Deputación de Ourense publicou a convocatoria dun concurso público para a concesión de axudas en especie destinadas á adquisición de libros, dirixidas a persoas menores de idade empadroadas en concellos da provincia.
O obxectivo desta iniciativa é fomentar os hábitos de lectura e favorecer o acceso á cultura entre a mocidade ourensá.
Quen pode solicitar as axudas?
-
Persoas nacidas no ano 2007 ou posteriores.
-
Persoas empadroadas en calquera concello da provincia de Ourense na data de publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia.
Importe
O orzamento total destinado a estas axudas é de 350.000 euros, ata esgotar o crédito dispoñible.
Prazo e condicións
As adquisicións de libros deberán realizarse entre o 15 de outubro e o 20 de decembro de 2025. Quedan excluídos expresamente os libros de texto, material escolar, revistas e publicacións periódicas.
O texto completo da convocatoria pode consultarse na Base de Datos Nacional de Subvencións:
👉 BDNS Identif.: 857994
BOP Ourense




Comments