Convocatoria de bolsas de apoio á escolarización en Pontecesures para o curso 2025-2026
As bolsas están dirixidas a menores matriculados en Educación Infantil, Primaria e Secundaria, co obxectivo de facilitar a compra de material escolar, informático, libros (nos cursos correspondentes) e vestiario necesario ao inicio do curso.
-
Infantil (2º ciclo) e 1º-2º de Primaria: ata 100 € por menor.
-
3º-6º de Primaria e ESO: ata 80 € por menor.
O crédito total destinado a estas axudas é de 2.000 €, e as subvencións son compatibles con outras sempre que non se supere o custo real do gasto.
A finalidade principal desta iniciativa é promover a igualdade de oportunidades e reducir as dificultades económicas que poden afectar ao rendemento académico.
Prazo e presentación:
As bases e a convocatoria están dispoñibles na Sede Electrónica do Concello de Pontecesures, na súa web municipal, así como na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS).
👉 Consulta toda a información aquí: Convocatoria oficial no BOPPO




Comments