Convocatoria de persoal laboral temporal no Concello de Begonte
O Concello de Begonte abre o prazo de inscrición na Convocatoria pública para a selección de persoal laboral temporal, ao abeiro do Programa de Reforzo do Emprego – Plan Deputación de Cooperación cos Concellos 2025.
Mediante concurso-oposición cubriranse 2 prazas de Peón de Obra Pública para a Brigada Municipal de Obras e Servizos. O contrato terá unha duración de 6 meses a xornada completa.
As bases da convocatoria poden consultarse na páxina web do Concello de Begonte e no taboleiro de anuncios municipal.
📅 O prazo de presentación de solicitudes é de 10 días naturais a partir da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia.




Comments