Skip to main content
bolsas

Convocatoria de bolsas para a formación práctica de documentalistas

A Xunta Electoral Central convoca tres bolsas individuais para persoas posgraduadas, destinadas á formación práctica e colaboración na realización de traballos e estudos no ámbito da documentación e da xestión da información e contidos.

Contía

Cada unha das tres bolsas terá unha duración de doce meses e estará dotada con 1.500 euros brutos mensuais.

Solicitudes

As persoas solicitantes deberán presentar unha instancia (dispoñible na páxina web da Xunta Electoral Central: http://www.juntaelectoralcentral.es), que deberá axustarse ao modelo que se achega como anexo I desta convocatoria.

Prazo

O prazo para a presentación de instancias será de vinte días naturais contados desde o día seguinte á data de publicación desta convocatoria no «Boletín Oficial do Estado».

Máis información

BOE

Comments